Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:20 h.
Hoxe na TVG
Foto de Galegos no mundo (22:20 h.) na TVG
Galegos no mundo
Os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país.
Na súa viaxe polas curiosidades das cidades máis significativas amosadas por un galego singular, o programa da TVG "Galegos no Mundo" non irá moi lonxe esta noite e recalará nun lugar lindeiro coas fronteiras españolas: Andorra, un principado cunha extensión que non chega á cuarta parte da provincia de Ourense, onde viven unhas 80.000 persoas, 5.000 delas galegos.

Este pequeno principado é un gran parque de atraccións ao aire libre para amantes dos paraísos naturais e montaña e un refuxio para millonarios de medio mundo. Sen impostos, con banca privada, con 200 pistas de esquí, 300 hoteis e 30.000 tendas, Andorra recibe 11 millóns de turistas ao ano atraídos por algún destes motivos.

Os espectadores da Televisión de Galicia coñecerán hoxe a historia de Xosé, un construtor de éxito que contrata a moitos dos galegos que chegan ao país; e de Jesús, que chegou a Andorra atraído pola súa paixón polos deportes de neve. "Galegos no Mundo" tamén contará ...
23:10 h.
Hoxe na TVG
Foto de Vai pola sombra (23:10 h.) na TVG
Vai pola sombra
Programa de humor
Nesta nova edición, as trasnadas deste grupo de artistas de rúa, que pertencen ao colectivo de novo circo "Pista Catro" aterran en Boiro para poñer a proba a capacidade de humor da vila. Entre escena e escena, os telespectadores tamén poderán gozar cos momentos e cámaras ocultas máis divertidos da historia da TVG e con actuacións en que o humor e a música se dan a man.

Unha mestura de seccións humorísticas daranlle maior dinamismo e diversión ao programa, que contará con "Vai pola sombra en Ardebullo", unha divertida escolma dos sketchs en que son protagonistas os personaxes desta aldea ficticia, nada do humor da parella "Mucha e Nucha", hoxe con Cociñeiros; e "O teu vídeo", en que un espectador escollerá en cada programa o momento máis gracioso da TVG que queira volver ver. Ademais, o programa ofrecerá unha nova escolma dos mellores sketchs de "Land Róber", hoxe sobre o descubrimento de América, e de "Os Tonechos".
19:05 h.
Hoxe na RG
Convivir en igualdade (19:05 h.) na Radio Galega
Convivir en igualdade
Clara de Saá conduce este programa de contido social en que se fala de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar.
Clara de Saá conduce Convivir en igualdade, un programa diario de carácter divulgativo e contido social en que se falará de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar. Ademais trataranse os asuntos que lles atinxen aos mozos e aos maiores e farase un seguimento ás accións do voluntariado. Cuestións relacionadas coa saúde, a inmigración e actualidade no campo social terán tamén cabida no programa, que contará ademais coa colaboración de expertos para explicar todas as dúbidas que demande a propia audiencia mediante chamadas, mensaxes, correo ordinario ou correo electrónico.
CRIATURAS
Imaxe criaturas