
BOTARSE AO MONTE
Botarse ao monte marcha á aventura co obxectivo de atopar rutas, paisaxes, actividades, lendas ou personaxes que só se poderían atopar deste xeito: camiñando.
|
Os mellores momentos de botarse ao monte Tras percorrer doce rotas que o levarán aos recunchos máis abraiantes da comunidade galega, Xosé A. Touriñán volverá "Botarse ao Monte", pero nesta ocasión para despedirse da súa viaxe mochileira e poñer un momento de relax na súa vida. Isto non será sen antes viaxar ata o Balneario de Guitiriz, concello lucense onde o noso intrépido camiñante recibirá os mellores coidados e tratamentos.... mentres fai un repaso de todas as súas sorprendentes aventuras.
 |
Os mellores momentos de botarse ao monte Tras percorrer doce rotas que o levarán aos recunchos máis abraiantes da comunidade galega, Xosé A. Touriñán volverá "Botarse ao Monte", pero nesta ocasi&... |
|
26/10/2009 - 21:37 h.
|
Neste periplo novo para Touriñán, camiñante intrépido e cómplice do espectador que se bota ao monte, intentará trazar unha senda cara ao sur de Ourense, para percorrer dúas rutas: unha polo concello de Entrimo, ascendendo pola montaña tras un cabreiro local chamado Sindo, e outra no concello de Lobios, para ir na procura de vestixios romanos, tales coma unha calzada, unha mansión viaria e mesmo miliarios.
Pero nada desta ruta tería razón de ser sen a colaboración das xentes do camiño e dos parroquianos que sempre están dispostos a achegar os seus graos de coñecemento sobre as zonas e que contribúen a que as paradas sexan máis "sociables".
 |
Neste periplo novo para Touriñán, camiñante intrépido e cómplice do espectador que se bota ao monte, intentará trazar unha senda cara ao sur de Ourense, para percorrer dúas rutas: unha polo concello de... |
|
19/10/2009 - 21:37 h.
|
Esta semana, X. A. Touriñán bótase ao monte no concello de Silleda para percorrer unha das rutas de sendeirismo máis fermosas e accesibles da nosa comunidade. Aínda que comezará o camiño a pé terá a oportunidade tamén de facer un tramo a cabalo, atopándose no seu percorrido con xente dedicada á conservación dos camiños e con expertos en natureza, persoas clave para que moita xente poida practicar un deporte como é o sendeirismo. A música será tamén protagonista neste percorrido, posto que Touriñán atoparase cun fabricante de instrumentos, coñecido por empregar elementos naturais para acadar os sons máis fermosos.
 |
Esta semana, X. A. Touriñán bótase ao monte no concello de Silleda para percorrer unha das rutas de sendeirismo máis fermosas e accesibles da nosa comunidade. Aínda que comezará o camiño a pé te... |
|
12/10/2009 - 21:28 h.
|
Un luns máis Xosé A. Touriñán levará o espectador cara a unha nova ruta de "Botarse ao Monte". Esta noite será unha ruta urbana por Pontevedra, concretamente a chamada ruta do colesterol, a última moda entre os camiñantes das cidades. Toda aquela xente á que lle gusta camiñar e que non dispón de moito tempo para afastarse da súa cidade practica esta nova modalidade de sendeirismo, percorrendo tanto zonas vellas coma lugares nos arredores acondicionados para o exercicio. Touriñán lánzase a investigar esta nova práctica percorrendo Pontevedra e as súas inmediacións, acompañado por Pablo e Manuel, dous homes que se decidiron a acondicionar o río Gafos para o gozo de camiñantes; visitará o centro de Pontevedra en bicicleta con Raquel, para rematar remontando o río Lérez pola súa beira con outro camiñante.
 |
Un luns máis Xosé A. Touriñán levará o espectador cara a unha nova ruta de "Botarse ao Monte". Esta noite será unha ruta urbana por Pontevedra, concretamente a chamada ruta do colesterol, a ú... |
|
05/10/2009 - 21:38 h.
|
O coñecido cómico Xosé A. Touriñán será outra vez cómplice do espectador en "Botarse ao Monte" para levalo esta noite a facer algo que non tiña feito antes: abrir unha ruta nova. Pero para semellante encomenda necesita da colaboración dos membros da asociación veciñal de Campolongo "3 de Maio": Touriñán armarase de estacas para sinalizar unha ruta neste fermoso lugar, iso si, axudado polos rapaces e maiores da zona. Pero como o noso intrépido e ilustrado camiñante nunca deixa de aprender, porase mans á obra para facer unha muiñada e mesmo descubrirá un novo sistema de medición autóctono.
 |
O coñecido cómico Xosé A. Touriñán será outra vez cómplice do espectador en "Botarse ao Monte" para levalo esta noite a facer algo que non tiña feito antes: abrir unha ruta nova. Pero ... |
|
28/09/2009 - 21:40 h.
|
O coñecido cómico e agora tamén presentador Xosé A. Touriñán inspeccionará hoxe unha das rotas galegas máis míticas de Galicia, a da Costa da Morte, que vai dende Camelle a Camariñas, contando as historias dos naufraxios; de personaxes como Man (o alemán de Camelle que viviu e morreu coma un home libre), autor do museo naturalista e surrealista que legou aos fisterráns; a historia do faro de Cabo Vilano, así como outras lendas vivas do noso tempo. No camiño, Touriñán terá un encontro con Rodrigo, un rapaz residente en Camariñas que se dedica a coleccionar todo aquilo que o mar devolve ás praias, e que son moitas pegadas de vidas alleas. O periplo pola costa fisterrá rematará cunha experiencia culinaria única da man de Pita, con quen van preparar un caldo de riola en que se aproveitan todas as vísceras do porco. Para compartir cos habitantes da zona un momento de entretemento, Touriñán rematará xogando un partido de fútbol con "As baleas", equipo infantil de Camariñas.
 |
O coñecido cómico e agora tamén presentador Xosé A. Touriñán inspeccionará hoxe unha das rotas galegas máis míticas de Galicia, a da Costa da Morte, que vai dende Camelle a Camariñ... |
|
21/09/2009 - 21:40 h.
|
O espazo da TVG "Botarse ao Monte" desprázase esta semana á provincia de Lugo para percorrer unha fermosa ruta onde se atopará con máis dunha sorpresa. O versátil presentador Xosé Antón Touriñán botarase ao monte en Chantada, onde comezará a ruta que o levará ata Belesar. No seu percorrido atoparase con recunchos e lugares moi fermosos, unhas paisaxes que fan que o sendeirismo sexa un deporte moi especial. Ademais de para camiñar, Touriñán terá tempo para facer un alto no camiño e incluso aprender traballos moi tradicionais como a facer augardente coa técnica do alambique, un traballo que lle aprenderá Primitivo Lareu. Para rematar a xornada, percorrerá o río Miño nunha das barcas tradicionais.
 |
O espazo da TVG "Botarse ao Monte" desprázase esta semana á provincia de Lugo para percorrer unha fermosa ruta onde se atopará con máis dunha sorpresa. O versátil presentador Xosé Antón Touri... |
|
14/09/2009 - 21:39 h.
|
Hoxe Xosé A. Touriñán bótase ao monte en Narón na procura dalgún dos seis asentamentos celtas que se conservan naquela zona. Pese a contar coa axuda de coñecedores expertos do lugar, o noso presentador e atrevido camiñante terá que percorrer unha boa andaina ata atopar algunha desas construcións milenarias. De camiño pasará por lugares de beleza extraordinaria como o monte dos Nenos ou o mosteiro do Couto. A ruta non será doada, posto que á lonxitude que Touriñán deberá percorrer, haberá que sumarlle os estragos que provocou o temporal. Pero Touriñán non se vai deixar asustar xa que ten moi clara cal é a súa misión: probar as tortas celtas.
 |
Hoxe Xosé A. Touriñán bótase ao monte en Narón na procura dalgún dos seis asentamentos celtas que se conservan naquela zona. Pese a contar coa axuda de coñecedores expertos do lugar, o noso presenta... |
|
07/09/2009 - 21:35 h.
|
Esta semana Xosé A. Touriñán, o actor cómico e o camiñante particular do programa da Galega "Botarse ao monte", parte desde o centro oleiro de Gundivós, situado na aldea de Sober, ao sur de Lugo, para comezar unha nova ruta, que o levará a percorrer os canóns do Sil. Ao longo de toda a xornada, o peculiar presentador terá a oportunidade de presenciar a paisaxe impresionante da zona, en que destaca un rechamante contraste entre rochas e vexetación.
Ademais de facer o percorrido habitual, Touriñán terá tempo ao longo desta xornada de aprender diferentes artes, como a olería ou mesmo os segredos da poda da vide da man de Domingo, o bodegueiro. Antes de rematar a ruta, haberá tempo tamén para parar a repoñer forzas cunha boa merenda á beira do río. Mari, a guía turística do concello de Sober, acompañará a Touriñán na degustación desta merenda.
 |
Esta semana Xosé A. Touriñán, o actor cómico e o camiñante particular do programa da Galega "Botarse ao monte", parte desde o centro oleiro de Gundivós, situado na aldea de Sober, ao sur de Lugo, pa... |
|
31/08/2009 - 21:42 h.
|
Esta semana Touriñán bótase ao monte na comarca do Barbanza para enfrontarse a un novo reto: será capaz de cruzala nun só día?
A ruta a percorrer esta semana sitúase ao norte da Illa de Arousa e está formada pola serra que leva o mesmo nome e polos municipios de Boiro, Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.
O atrevido presentador porá todas as súas forzas no seu percorrido e incluso terá tempo de coñecer a xente autóctona, como son os dous carteiros da Pobra do Caramiñal que se cruzarán no seu camiño.
Xa contra a noitiña e despois de percorrer o accidentado relevo que caracteriza a comarca do Barbanza, Touriñán intentará a complicada arte da cetrería xunto a un experto chamado Fernando que lles aprenderá todos os trucos para adestrar un falcón.
 |
Esta semana Touriñán bótase ao monte na comarca do Barbanza para enfrontarse a un novo reto: será capaz de cruzala nun só día?
A ruta a percorrer esta semana sitúase ao norte da Illa de Arousa e... |
|
24/08/2009 - 21:41 h.
|
O narrador e presentador desta nova aventura de facer sendeirismo por Galicia, Xosé A. Touriñán, vai neste capítulo á procura de fontes milagreiras e augas medicinais, concretamente na zona de Parga, onde hai dabondo destas manifestacións. Por iso, e coa axuda de expertos do lugar, o camiñante inquedo poderá probar o sabor tan "peculiar" destes tónicos naturais e merendar unha boa torta de millo que lle axude a facer ben a dixestión.
Finalmente Touriñán visitará o taller de dous artesáns para non marchar sen ter aprendido como se fai unha zoca e a maneira de darlles vida ás pedras.
O actor cómico Xosé A. Touriñán (do dúo humorístico de Luar "Nucha e Mucha") contribúe na súa faceta de narrador e presentador a darlle un ton humorístico a esta serie documental viaxeira, a través da que o espectador poderá obter información pormenorizada de todas e cada unha das rutas de sendeirismo que atravesan boa parte da comunidade galega, e contando cos máis expertos guías.
 |
O narrador e presentador desta nova aventura de facer sendeirismo por Galicia, Xosé A. Touriñán, vai neste capítulo á procura de fontes milagreiras e augas medicinais, concretamente na zona de Parga, onde hai dabond... |
|
17/08/2009 - 21:41 h.
|
Xosé A Touriñán proporá hoxe na compaña de Antonio Fernández, Cholo, un dos xerentes da casa rural Trisquel, a realización da Ruta de Trevinca. O noso particular camiñante, Touriñán, inicia unha ruta que parte do Trisquel cara ao alto das minas de Vilanova (1919 1952), facendo unha parada para gozar das vistas do val do Xares, un val glaciar en cubeta. A ruta de hoxe, cun percorrido aproximado duns 14 km., parte de Vilanova ata as minas de volframio e continúa ata o val do Río Meladas, desde onde parte unha baixada duns dous quilómetros e medio ata o Pontón das Olgas, onde Cholo e Touriñán fan unha parada para xantar. Despois dun percorrido de 4 km. ata a fermosa vila da Ponte, Cholo amosaranos a peculiar arquitectura rural deste lugar. Posteriormente iniciamos o regreso cara ao punto de partida, Vilanova. Tempo estimado do percorrido unhas 5 horas. Dificultade media baixa.
 |
Xosé A Touriñán proporá hoxe na compaña de Antonio Fernández, Cholo, un dos xerentes da casa rural Trisquel, a realización da Ruta de Trevinca. O noso particular camiñante, Touriñ&aacu... |
|
03/08/2009 - 21:42 h.
|
O primeiro programa propón a ruta dos bufadoiros en Oleiros. Touriñán vai descubrir un dos accidentes naturais máis sorprendentes da costa galega: os bufadoiros. Nubes de auga de mar que saen da propia terra. Pero ademais terá tempo de aprender ornitoloxía, visitar os antigos faros e facer o seu propio barco.
En Oleiros tamén contará coa axuda das persoas que deseñaron a ruta de sendeirismo, mozos simpáticos e faladores moi afeitos a andar. Seica máis feitos do que lle gustaría a Touriñán para poder seguirlles o paso.
 |
O primeiro programa propón a ruta dos bufadoiros en Oleiros. Touriñán vai descubrir un dos accidentes naturais máis sorprendentes da costa galega: os bufadoiros. Nubes de auga de mar que saen da propia terra. Pero a... |
|
27/07/2009 - 21:42 h.
|
|
|
|